viernes, 13 de febrero de 2015

Leyenda Árabe:


Dice una leyenda árabe que dos amigos viajaban por el desierto y en un determinado punto del viaje discutieron, y uno le dió una bofeteada al otro.
El otro ofendido, sin nada que decir, escribió en la arena:
HOY MI MEJOR AMIGO ME PEGÓ UNA BOFETADA EN EL ROSTRO.
Siguieron adelante y llegaron a un oasis donde resolvieron bañarse.
El que había sido abofeteado y lastimado comenzó a ahogarse, siendo salvado por el amigo.
Al recuperarse tomó un estilete y escribió en una piedra:
HOY MI MEJOR AMIGO ME SALVÓ LA VIDA.
Intrigado el amigo preguntó:
¿Por qué después que te lastimé, escribiste en la arena y ahora escribes en una piedra ?
Sonriendo, el otro amigo respondió:
"Cuando un gran amigo nos ofende, deberemos escribir en la arena donde el viento del olvido y el perdón se encargarán de borrarlo y apagárlo, por otro lado, cuando nos pase algo grandioso, deberemos grabarlo en la piedra de la memoria del corazón donde viento ninguno en todo el mundo podrá borrarlo ".

Cuntis e Campo Lameiro prepáranse para loitar contra os incendios forestais


Catro comunidades de montes de Cuntis e Campo Lameiro están a prepararse para a loita contra os incendios forestais grazas a unha axuda concedida pola Consellería de Medio Rural e Mar que lles permitiu acometer obras de rozas e limpeza de 40 hectáreas de monte cun investimento de 21.900 euros.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras executadas por estas comunidades de montes acompañado polo alcalde de Cuntis, Antonio Pena; os presidentes da comunidade de montes; o xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois; e o xefe do Servizo de Incendios, Manuel Francisco, segundo informou a Xunta nun comunicado. 
As comunidades de montes de Gontade e Cequeril, en Cuntis, e Cimadevila e Casiñas de Paraguda, de Campo Lameiro, agrupáronse para presentar o proxecto finalmente aprobado por Medio Rural, que inclúe a limpeza de monte en rexenerado de pino e a roza de 40 hectáreas. 
Estes traballos contaron cun investimento de 21.865 euros, dos cales a Xunta aportou 13.824,29 grazas a unha subvención cofinanciada con fondos europeos. "O máis destacable é que as catro comunidades de montes presentaron esta iniciativa de forma agrupada, o que lles permitiu contar con maior puntuación a hora de obter a subvención", destacou Cores Tourís.
No distrito forestal de Pontevedra-Caldas-Salnés o investimento ascendeu a 425.000 euros e en toda a provincia de Pontevedra superou o millón de euros. A Xunta de Galicia está a traballar para que as comunidades de montes leven a cabo o control selectivo de combustible  en devesas, faixas auxiliares de pista, rexenerado o ámbito forestal así como na roza, rareo e eliminación de restos.